Inicio Blog A Cabana de Carlos

A Cabana de Carlos

Martes, 30 de agosto de 2016

Cabana de Carlos

A Cabana de Carlos está ubicada ao amparo dun carballo centenario cunhas fermosas vistas dos vales de Donas e de Tins. A finca está situada na aldea de Mourelos, con tan só tres casas e unha poboación total de dúas persoas xa xubiladas. A pequena aldea descansa ao abrigo dos montes de A Pena, ao pé do mirador de A Pedra da Vella. Dista 4 km da nosa finca Apriscos, donde están as Cabañitas del Bosque; a 4 Km de Cabana Moura, donde se ubican Cabanas de Carmen, así como a 3 Km de Ousesende, donde se ubica o complexo Cabanas do Barranco.

A cabaña recibe este nombre do seu propietario, un membro moi carismático e querido por toda a familia. De pequeno Carlos pasaba moi bos momentos xunto ao seu irmán e aos seus curmáns utilizando o carballo sobre o que hoxe se asenta a cabana como base para os seus xogos infantís.

A cabana está situada en solitario e nun ambiente do máis tradicional, ideal para aqueles que busquen desconexión e relaxación, coa posibilidade de facer varias rutas de sendeirismo a través de paisaxes de gran beleza.