+ 34981 850 903

Quen somos

Cabañitas del Bosque

O noso percorrido comenza con Casa Rural Perfeuto María, unha casa de aldea no lugar de Cabanamoura (Outes). O que nun comezo naceu como unha actividad económica complementaria, grazas a unha aposta moi clara pola mellora na calidade, innovación, profesionalización e mellora constante da oferta turística, convertiuse nos últimos anos nunha empresa sólida e en expansión.

A incorporación á empresa das novas xeracións familiares garante a continuidade deste proxecto.

Como exemplo desta política de innovación, tres anos máis tarde comeza a súa actividade Cabanas de Carmen, un establecemento singular tamén situado no lugar de Cabanamoura co que se consegue dobrar a nosa oferta e permitindo o aloxamiento de grupos.

Ao mesmo tempo comezamos a desenvolver a oferta de actividades complementarias e de turismo activo coa recuperación e creación de varios roteiros de sendeirismo na contorna, así como o desenvolvemento da actividad de geocatching.

Continuando con esta política de innovación e mejora da oferta turística, promóvese no ano 2013 un proxecto piloto de aloxamento e naturaleza denominado Cabaniñas do Bosque. Aloxamentos singulares e pioneiros en Galicia e consistentes en tres apartamentos ubicados nas árbores, de gran calidade arquitectónica, ecolóxicos e moi respectuosos coa paisaxe e o terreo onde se ubican.

O éxito desta experiencia e a xa mencionada política de expansión e mejora constante, lévanos agora a promover posteriormente os proxectos de Cabanas do Barranco, Cabanas de Broña e Cabanas sen Barreiras.