+ 34981 850 903

Cabanas de Broña

A parcela sitúase na praia de Broña e alberga catro cabanas escalonadas a diferentes alturas elevadas en relación al chan, garantizando totalmente a privacidade de cada apartamento sen renunciar ás impresiones vistas da ría de Muros e Noia.

CARACTERÍSTICAS

A conservación e posta en valor das existencias previas convértese no leitmotiv do proxecto. Dada a proximidade da ría e a presenza de bateas na mesma, optouse pola reciclaxe do material das bateas, como son as armazóns de vigas de madeira, para o seu aproveitamento na execución das nosas cabanas, tanto para a realización de acabados exteriores e interiores, así como puntualmente para certos elementos estruturais.

DISTANCIAS

Pesca no mar a 500 m. | Pesca no río a 5 Km. | Restaurante a 500 mts. | Servizo Médico a 5 Km. | Circuíto Karting a 5 Km. | Paseos dacabalo a 7 Km. | Praia a 500 m. | Rutas en barco pola Ría a 1 Km. | Piragüismo a 1 Km. | Puenting a 3 Km. | Parapente a 12 Km. | Aeroporto Santiago a 45 Km. | Campo de Golf a 27 Km. | Piscina climatizada a 5 Km.

Reserva online

Visita virtual

Outras fincas

A finca Os Apriscos, de unha hectárea de extensión, atópase na marxe esquerda do río Tins, na aldea de O Areal, a un kilómetro da Serra de Outes. O río cruza a capital de Outes e desemboca dous kilómetros augas abaixo nas Marismas do Tambre, formando “A Ensenada do Engano”, espazo marítimo fluvial protexido Red Natura 2000.

Ver ficha finca

A finca sita na aldea de Mourelos con tan só tres casas e unha poboación total de dúas persoas xubiladas. A pequena aldea descansa ao abrigo dos montes de A Pena ao pé do mirador de A Pedra da Vella.

Ver ficha finca

Cabanas do Barranco, situada a 1 km da Serra de Outes e a 3 km da ría de Muros e Noia, son 8 aloxamientos ecolóxicos situados entre as pólas das árbores, que toman os seus nombres de 8 das ensenadas máis simbólicas da ría de Muros e Noia. Destacan pola súa singular contorna, unha extensa arboreda autóctona, refuxio da biodiversidad da zona. Dispoñen dun edificio adicional, con vistas á ría, pensado como aula e acondicionado para a realización de cursos, congresos, exposicións, eventos profesionais e outras actividades.

Ver ficha finca

As cabanas están ubicadas na aldea de A Quintenla, no interior da Ría de Muros e Noia.
Cada unha das cabanas, construídas a seis metros de altura entre as pólas das árbores, conta cunha terraza orientada á desembocadura do río Tambre e do río Tins, dúas das venas fluviais da comarca. As cabanas reciben os seus nomes de diferentes accidentes xeográficos da Ría de Muros e Noia.

Ver ficha finca

A Cabana de Carmen son 5 apartamentos rurais ubicados nunha finca de 3.500 m2 á beira do río, con encantadoras vistas, zonas verdes, barbacoa e aparcamento, rodeada dun muro de pedra que a fai totalmente segura para os nenos. As cabanas están construídas en pedra e madeira, combinando de forma harmoniosa a arquitectura tradicional e expresións rústicas no seu exterior cunha decoración modernista de rasgos sinxelos e confortables no seu interior.

Ver ficha finca