Esquece todo o que coñeces en canto a turismo rural, Cabanas sen Barreiras ofréceche unha experiencia única conectando a nostalxia do pasado coas comodidades do presente. As cabanas están ubicadas na aldea de A Quintenla, no interior da Ría de Muros e Noia, concretamente na Serra de Outes, entre a Costa da Morte, as Rías Baixas e Santiago de Compostela. Cabanas sen Barreiras configúrase como un dos primeiros aloxamentos accesibles de Galicia. Deixa atrás a rutina diaria e reláxate, recarga enerxía, desfruta en familia ou aproveita para organizar esa escapada romántica que tes pendente.
Rincones MáxicosDámosche a benvida a Cabanas sen Barreiras. Reláxate, aproveita para saír da túa rutina, desfruta, descobre, desconecta.
Escoitar audioEsquece todo o que coñeces en canto a turismo rural, Cabanas sen Barreiras ofréceche unha experiencia única conectando a nostalxia do pasado coas comodidades do presente. As cabanas están ubicadas na aldea de A Quintenla, no interior da Ría de Muros e Noia, concretamente na Serra de Outes, entre a Costa da Morte, as Rías Baixas e Santiago de Compostela. Cabanas sen Barreiras configúrase como un dos primeiros aloxamentos accesibles de Galicia. Deixa atrás a rutina diaria e reláxate, recarga enerxía, desfruta en familia ou aproveita para organizar esa escapada romántica que tes pendente.
Dámosche a benvida a Cabanas sen Barreiras. Reláxate, aproveita para saír da túa rutina, desfruta, descobre, desconecta.
Escoitar audioA finca Os Apriscos, dunha hectárea de extensión, atópase na marxe esquerda do río Tins, na aldea de O Areal, a un kilómetro da Serra de Outes. O río cruza a capital de Outes e desemboca dous kilómetros augas abaixo nas Marismas do Tambre, formando “A Ensenada do Engano”, espazo marítimo fluvial protexido Red Natura 2000.
A finca sita na aldea de Mourelos con tan só tres casas e unha poboación total de dúas persoas xubiladas. A pequena aldea descansa ao abrigo dos montes de A Pena ao pé do mirador de A Pedra da Vella.
Cabanas do Barranco, situada a 1 km da Serra de Outes e a 3 km da ría de Muros e Noia, son 8 aloxamientos ecolóxicos situados entre as pólas das árbores, que toman os seus nombres de 8 das ensenadas máis simbólicas da ría de Muros e Noia. Destacan pola súa singular contorna, unha extensa arboreda autóctona, refuxio da biodiversidad da zona. Dispoñen dun edificio adicional, con vistas á ría, pensado como aula e acondicionado para a realización de cursos, congresos, exposicións, eventos profesionais e outras actividades.
A parcela sitúase próxima á praia de Broña e atópase delimitada por un camiño de terra na parte máis elevada e por una seto vexetal e muros de pedra no encontro coa congostra que discorre pola cota máis baixa do terreno. As 4 cabanas, tendo en conta as condiciones topográficas da parcela e a propia vexetación, están situadas escalonadas a diferentes alturas, elevadas en relación ao chan e respectando a pendiente natural do terreno, ao mesmo tempo que se conservan e consolidan a vegetación, os muros e os camiños e se garante a privacidade de cada un dos apartamentos, sen renunciar á impresionante perspectiva da ría de Muros-Noia.
A Cabana de Carmen son 5 apartamentos rurais ubicados nunha finca de 3.500 m2 á beira do río, con encantadoras vistas, zonas verdes, barbacoa e aparcamento, rodeada dun muro de pedra que a fai totalmente segura para os nenos. As cabanas están construídas en pedra e madeira, combinando de forma harmoniosa a arquitectura tradicional e expresións rústicas no seu exterior cunha decoración modernista de rasgos sinxelos e confortables no seu interior.
Cabanas de Albeida é o noso último proxecto, nun fermoso bosque cunhas inmellorables vistas á desambucadura do río Tambre, os montes do Barbanza, e o nacemento da ría Muros Noia. Une a maxia do bosque caducifolio e a luz do mar para que goces dos amenceres de lúa sobre as ramas de carballos centenarios. Este complexo ten 9 cabanas nas árbores perfectamente integradas no bosque, construídas buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar ás incribles vistas á ría para desconectar coa rutina e conectar coa natureza en estado puro.