Se viu o noso calendario de ocupación e verificou a dispoñibilidade para as datas da súa estadía pode realizar a reserva on-line seleccionando o aloxamento desexado, data de entrada e de saída, habitación elixida, número de prazas e efectuar o pago do anticipo coa súa tarxeta de crédito/débito ou por transferencia bancaria.
*En fin de semana de todo o ano e en datas de tempada alta a estadía mínima é de 2 noites (3 en época estival).
Pode chamarnos por teléfono ao +34 981 850 903 /+34 981 851 009 (09:00h – 23:00h), atenderémolo de forma personalizada. Indicarémoslle como proceder para facer efectiva a reserva e realizaremos os trámites remitindo xustificante de pago e confirmación de reserva ao seu correo electrónico. Se o prefire emitiremos ficha pre-reserva ao seu email coa valoración e os datos bancarios onde ingresar ou transferir nas seguintes 72 horas o 40% do importe total dos servizos reservados. Confirmaremos o seu ingreso remitindo ficha de reserva ao seu e-mail.
A aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. Á anulación ou modificación de datas (por calquer causa incluida COVID) aplicaránselle as seguintes porcentaxes de retención:
- 50% se se anula dende 15 e ata 7 días antes da data de entrada
- 100% cando se anule 7 días antes ou menos de la data de entrada.
As tarifas especiais dos "Días Verdes", e demais ofertas que se publiquen nesta website serán aplicables para os aloxamentos e as datas que en ditas ofertas se especifiquen. Para reservas en Casa Perfeuto María e A Cabana de Carmen revise a información en prezos e vexa o calendario dos “días verdes”.
O cliente comprométese ao pago íntegro dos días contratados abonando o resto da estadía á súa chegada ou saída tras comprobar o correcto funcionamento das instalacións. En caso de anulación ou saída anticipada o cliente perde o importe total do anticipo realizado a conta da reserva.
Para reservar no noso aloxamento, debe ter como mínimo 18 anos. O hotel puede negar a admisión aos clientes que viaxan xuntos se non hai polo menos un adulto con 18 anos cumpridos.
*En caso de reservas con bono regalo perderase a totalidade do importe do bono en caso de que a cancelación se produza con menos de 15 días de antelación á data de entrada.
Os suplementos de tempada alta ou Cabanas de Albeida non se cambian por ningún outro servizo.