Entorno

Inicio Situación Entorno

O conxunto de Cabañitas del Bosque está distribuído en 3 fincas no municipio de Outes, no interior da ría de Muros e Noia. No camiño de Santiago a Fisterra, está a tan só a trinta minutos de Santiago de Compostela, entre as Rías Baixas e a Costa da Morte.

As cabanas están situadas entre ríos, praias e montañas con fermosas vistas da costa, nunha contorna ideal para a práctica do turismo rural.

Desde as cabanas pódense visitar os centros históricos de Muros e Noia, pasando pola súa ría e praias. Tamén se poden realizar excursións de sendeirismo, subir a pintorescos miradoiros e gozar dunha posta de sol nalgún recuncho da costa atlántica. Pasear polo extenso areal de Carnota e admirar o seu hórreo, seguir camiño cara ao faro de Fisterra, percorrer as Rías Baixas, visitar as dunas de Corrubedo ou descubrir a cidade de Santiago de Compostela, son outras das moitas actividades turísticas que propicia a nosa situación.

Na nosa contorna destacan numerosos asentamentos prerrománicos: o Dolmen de Berdoias e o de Olveira (Dumbría), o Dolmen de Cabaleiros (Tordoia) , o Dolmen de Corbeira (Mazaricos), o Dolmen de Dombante (Cabana) e o Dolmen de Axeitos na serra de Barbanza.

Proporémosche unha selección de excursións pola zona adaptada aos teus intereses: rutas de río e de montaña para "perderse".