Punta Seilán, na entrada do Río Tambre, dá nome a esta cabana desde a que disfrutar das vistas cara o frondoso bosque caducifolio autóctono e os vales da Serra de Outes. O interior da cabana de 35 m² está distribuido entre dormitorio, cociña, sala con lareira e baño. Na súa terraza exterior, de 16 m², atoparás o jacuzzi, xusto a carón dunha destas árbores autóctonas que atravesan a plataforma de Madeira, situada a 6m de altura, e que che darán sombra nos días de máis calor. Perto desta cabana tan especial, atopamos un dos recunchos máxicos, covas naturais que os raposos cavan para refuxiarse.