Punta Polveira, nome que recibe a entrada da Ribeira do Maio, é tamén o nome desta cabana dende a que poderás espreitar o campanario da igrexa de San Campio de Entíns, o río Tines e a Ría de Muros e Noia. Situada na parte máis meridional da finca, a cabana atópase a 6m de altura con respecto ó chan. A súa zona interior, con dormitorio, cociña, sala con lareira e baño, conforma un loft de 35 m², a súa terraza, que conta cun jacuzzi no que bañarte baixo as estrelas, ten unha extensión de 16 m².