Pedra dos Corvos, é o nome que recibe a nosa cabana de Retorno de Arriba, zona máis alta da finca, dende a que divisarás a serra e os seus vales. Levanta a voz e descubre o eco que se produce dunha punta a outra, e déixate espertar polo son dos paxaros cantando e a auga do regato que percorre a finca. Dende a cara da cabana que dá ó norte, terás unhas vistas únicas, o bosque autócton e algúns dos rincóns máxicos da finca. A cabana, elevada 6m con respecto ó chan, conta con dormitorio, sala con lareira, cociña e baño, distribuidos en 35 m². A súa terraza exterior, con jacuzzi, ten unhas dimensiónns de 16 m².