Cabana de Monte Louro está construída entre unha espesa mata de bosque caducifolio autóctono e ao amparo dun carballo centenario. Ten unha superficie de 26 m², formando un loft con dormitorio, salita, cociña, baño con jacuzzi e unha terraza exterior de 15 m² cunha altura de 8 metros sobre o nivel do chan.