Cabana das Furnas é accesible a través dunha rampla de acceso de 15 metros de longo por 1,40 de ancho e que sobe a 6 metros de altura con desnivel cero. Atópase entre unha espesa mata de bosque caducifolio autóctono, ao amparo dun carballo centenario. Ten unha superficie interior de 29 m² formando un loft con dormitorio, cociña, salita e baño con ducha. A terraza exterior con jacuzzi elévase entre as árbores a 7 metros e suma 18 m² de superficie.