Cabana da Barquiña está construída a 6 metros de altura entre unha espesa mata de bosque caducifolio autóctono. Ten unha superficie interior de 29 m² formada por dormitorio, cociña, saliña e baño con ducha. A súa terraza exterior con jacuzzi, refuxiada entre dous carballos elévase a 8 metros de altura.