Pallal O Forniño

Inicio Cabanas Cabanas de Albeida Pallal O Forniño

Aloxamento totalmente diferente a todos os demais, non tanto a nivel estético, senón en canto á experiencia en si. Trátase dun pallal de pedra e madeira, que na súa orixe foi unha carpintería de ribeira para pequenas embarcacións tradicionais que anos máis tarde foi rehabilitado para uso de estudo de creación musical, con vistas ao mar e con todas as comodidades do resto dos nosos aloxamentos, pero con varias peculiaridades que o fan especial e dirixido a un perfil moi concreto de cliente.

Entre estas peculiaridades destacan un magnífico equipo de son cunha ampla colección de música (sobre todo vinilos) que se sincroniza cunha bañeira grande que vibra ao son da mesma para gozar en plena escuridade. Outra cousa que fai este aloxamento distinto, é a auga que beberedes, sí algo tan simple e tan importante como a calidade de auga que bebemos. Grazas ao hidroxenador instalado, contaredes con auga hidroxenada, auga enriquecida en hidróxeno con propiedades moi positivas para o noso corpo. Por último, destacar a gran calidade do colchón que garante un descanso total.

Nota: Neste pallal, non se aceptan mascotas.
Non dispón de TV

Visita virtual