Inicio Blog PALLAL O FORNIÑO (Cura de vibracións)

PALLAL O FORNIÑO (Cura de vibracións)

Venres, 2 de outubre de 2020

Abrimos en Cabanas de Albeida un novo aloxamento totalmente diferente a todos aos demais, non tanto en canto a nivel estético, senón en canto á experiencia en si. Trátase dun pallal de pedra e madeira, que na súa orixe foi unha carpintería de ribeira para pequenas embarcacións tradicionais que anos máis tarde foi rehabilitado para uso de estudo de creación musical, con vistas ao mar e con todas as comodidades do resto dos nosos aloxamentos, pero con varias peculiaridades que o fan especial e dirixido a un perfil moi concreto de cliente

Musicoterapia

Sempre se dixo que a música amansa ás feras, e aínda que sexa un topicazo moi manido, neste caso cremos que se axusta moi ben ao que ofrecemos. Contamos cunha espectacular colección de vinilos (ademais de cd´ s, casetes e a posibilidade de escoitar a vosa propia música) que comezou alá polo 1984 cando nos embarcamos na nosa primeira aventura en hostalería, o mítico Pub Tabasco, coñecido moito máis alá de Outes, pola súa música e a súa calidade de son e que continúa ata a actualidade. Parte desta colección tamén foi achegada polo antigo dono Rodrigo Romaní, un veterano da música galega que estivo na orixe de Milladoiro e que utilizaba o local como refuxio de creación e gravación. Ademais, fixemos un gran esforzo en montar un set con equipos de calidade para que o son sexa perfecto cun engadido espectacular: unha enorme bañeira que vibra coa propia música facendo que te mergulles (nunca mellor dito) de cheo na melodía, transportándoche a outro mundo.

Escuridade

O complemento perfecto para aproveitar todo isto ao 100% é a escuridade; a escuridade fai que o resto dos sentidos se agudícen, non só o oído que é o obxectivo principal, senón tamén o resto, por iso tamén vos imos a deixar uns aceites esenciais para conseguir o ambiente perfecto.

Agua hidroxenada

Outra cousa que fai este aloxamento distinto é a auga que beberedes, sí algo tan simple e tan importante como a calidade da auga que bebemos. Contaredes con auga hidroxenada, auga enriquecida en hidróxeno con propiedades moi positivas para o noso corpo. Para iso instalamos un hidroxenador que elimina sedimentos e compoñentes químicos da auga, pode controlar a temperatura da auga, achega un alto nivel de hidróxeno á auga final que imos beber, equilibra o pH da auga achegando calcio, magnesio e potasio e grazas á súa lámpada ultravioleta elimina as posibles bacterias.

Calidade do descanso

A guinda do pastel pona un colchón de altísima calidade que, combinado con todo o anterior, fará que o descanso alcance outro nivel. Queremos que vos vaiades a cama relaxadiños e que a noite vos sirva para descansar ben e recargar pilas para un novo e marabilloso día. Non busquedes televisión porque non a atoparedes, no seu lugar, dende a cama poderedes relaxarvos observando as estrelas, un toque máis de inmersión nesta experiencia tan especial. Aínda que sí contaredes con conexión wifi por se queredes consultar ou ver algo que vos apeteza.

 

Esperamos que este novo concepto que introducimos vos guste, porque a nós encántanos.