Inicio Blog Inauguramos Cabanas sen Barreiras

Inauguramos Cabanas sen Barreiras

Venres, 22 de setembro de 2017

Esta semana inauguramos o noso novo proxecto Cabanas sen Barreiras, que consta de 6 cabaniñas accesibles que varios de vós xa viñestes a disfrutar.

O acto tivo lugar no Centro de Actividades Mariñeiras (CAM), que funciona tamén como recepción de todas as nosas fincas, e contou coa presenza de Rosa quintana (Conselleira do Mar da Xunta de Galicia), Nava Castro (Directora de Turismo de Galicia), Iker Sertucha (Presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), Manuel de Lario (Consultor de Accesibilidade de COGAMI), Carlos Fernandez (Once Galicia), así como respresentantes das empresas que colaboraron con nós para facer realidade este proxecto e diversos veciños de la zona.
Tras o acto realizamos unha visita ás cabanas accesibles de Cabanas sen Barreiras, disfrutando da natureza no breve traxecto que une Cabanas do Barranco (donde está situado o CAM) ata a finca da Quintenla.

O evento finalizou cun ágape popular, onde os invitados disfrutaron da gastronomía e música tradicional galega.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo do evento. Moitas grazas a todos por compartir este fito con nós.