Inicio Blog Descubrindo a vila mariñeira de Muros

Descubrindo a vila mariñeira de Muros

Mércores, 12 de xullo de 2017

calles-de-muros


Moi perto de Outes, onde se ubican os nosos aloxamentos rurais, descubrimos a vila mariñeira de Muros, cunha persoalidade propia, que a diferencia da súa veciña Noia, con quen comparte ría, e da Costa da Morte.

Muros debe o seu nome, ou eso se pensa, ós auténticos muros de recheo que abranguen os tan coñecidos soportais de caracter mariñeiro da súa fasquía litoral. 

Soportais con forma de arco, baixo os que, outrora, se gardaban os aparellos pesca. 

E é que Muros, desde sempre ten sido un pobo de pescadores, cunha grande actividade pesqueira, e tamén na súa lonxa, onde se venden dos mellores peixes e mariscos que poderás comer na túa casa ou no restaurante. 


Unha historia vencellada ó mar


A historia da vila está animada pola sucesión de diferentes feitos que veñen a marcar a fisionomía do lugar. En 1809, logo dunha etapa medieval gloriosa, os muradanos vironse invadidos polas tropas napoleónicas, que en tan só 12 horas, conseguiron abater e destruir a población. Moitas mortes e máis de 190 casas destruidas foron o resultado de dita incursión. 


Con todo, o porto de Muros non deixou de gañar importancia co devir dos séculos, e xa dende o século XV é considerado como un dos mellores de Galicia.

Foi a partires do século XIX cando empresarios cataláns da salgazón chegan a Muros para establecer fábricas novedosas, dando un forte pulo á economía local; modificando para sempre o modo de vida do pobo. 

Muros pintoresco


En 1970 Muros foi declarada Conxunto Histórico-Artístico por seren definida como unha aldea de pescadores que conserva os valores ambientais, configurándose como un pobo típico e pintoresco, gracias á grandeza dos palacios góticos, e outros lugares patrimoniais, como a ex-colexiata e a ermida da Virxen do Camiño. 


Na zon histórica, dividida entre os barrios de A Cerca e A Xesta, teredes que perdervos entre as súas empedradas ruelas, con nomes tan variopintos como Rúa Aurora, Esperanza, Amargura, Peligros...e nas prazas capitaneadas por cruceiros, onde xentes do lugar e visitantes se sentan a degustar unhas boas tapas e viños, nalgunha das ducias de terrazas, bares e tabernas mariñeiras que alí vos esperan. 


Nin que dicir ten que nada máis sair de Muros, un dos principais atractivos da zona, está na súa paisaxe. Pero a beleza natural da Ría de Muros e Noia, ben merece un post aparte.

Así que hoxe, convidámosvos a que coñezades a vila de Muros cando veñades a visitarnos, e estade atentos ó blog porque pronto vos descubriremos a riqueza paisaxística da ría.