Inicio Blog Colle o coche e descobre Galicia

Colle o coche e descobre Galicia

Mércores, 8 de novembro de 2017

MUROS

Muros preside a ría á que dá nome, e que comparte con Noia, da que tamén falamos máis adiante. Ademáis do marabilloso entorno natural que agocha, o seu casco histórico ten puntos que son de parada obrigada. Non visitalos é desas cousas que un non se pode permitir cando está en Muros. Entre eles a súa igrexa parroquial, de estilo gótico, presente dende o século XIV no pobo. Pero non é a única, a igrexa de Esteiro, do século XVII, posúe tamén ungrande valor artístico de estilo neoclásico. Ademáis, o antigo cine París e o mercado de abastos son un bo lugar para botar un ollo.

Distancia: 27,4 km (34 minutos)

Estrada: Colle a estrada DP-4502 ata a súa saída á AC-550, pola que poderás dar un paseo por toda a ría

NOIA

Ao outro lado da ría temos o outro pobo que a bautiza, Noia, o cal presenta un enorme valor histórico. Instalada neste privilexiado enclave dende a época dos celtas, Noia é o municipio máis poboado desta comarca. É imperdible a súa igrexa de Santa María a Nova, datada do século XIV, así como a de San Martiño, que agocha pezas artísticas no seu interior de moitísimo valor, coma un retablo renacentista da Anunciación. Esta igrexa está nunha perfecta harmonía coa praza principal do pobo, a de O Tapal, punto de encontro de numerosos turistas ao longo do ano.

Distancia: 9,8 km (13 minutos)

Estrada: Sae pola DP-4502 ata coller o desvío cara a AC-550, coa que atravesarás a ría para introducirte en Noia

MONTE PINDO

Din que o Monte Pindo era o Olimpo dos celtas. Dende logo, pola maxia que o rodea, ben podería selo. Atópase a carón da praia de Carnota e é un espazo protexido dentro da Rede Natura 2000. A súa superficie presenta múltiples relevos graníticos durante o percorrido ata a cima, onde se poden albiscar diferentes formas como covas e castelos, que se mesturan con restos de castros e ermidas para confeccionar unha paraxe inigualable. As vistas dende a cima non quedan atrás, xulgade vós mesmos.

Distancia: 35,8 km (41 minutos)

Estrada: Sae pola DP-4502 ata coller o desvío cara a AC-400. En As Paxareiras, colle a saída AC-550.

CASCADA DEL ÉZARO

O Niágara galego está moi preto de Outes. A fervenza do Ézaro é a única de Europa que ten desembocadura directa ao mar, dende o río Xallas. Atópase pegada á Costa da Morte, no municipio de Dumbría, e ao seu redor esténdese un magnífico paseo marítimo no cal se pode observar dende todas as perspectivas posibles. Un lugar ao que sempre quererás volver.

Distancia: 31,8 km (39 minutos)

Estrada: Á altura de Pino do Val, colle a saída AC-400 ata que, en As Paxareiras, collas a AC-550.

Xa o tes claro, lugares sobran e todos inmellorables, colle o coche e descobre o máis máxico de Galicia.